Xa estamos aquí de volta, e non sabedes que ilusión me fai volver estar todos xuntos de novo, aínda que este curso parece que vai ser un pouquiño distinto, pero aínda así penso que entre todos imos deixar de lado as dificultades e empezar con moita forza.
Estamos de acordo??
Pois adiante
E agora un marchoso vídeo onde nos lembra todo o importante que neste curso é prestar atención a algúns aspectos que penso xa todos temos moi clariños.
Agora sí que xa estades contando os días para rematar o curso!!
Pois contade contade que cando vos deades conta xa rematou, non queda nadiña!!
Nesta última semana, non quería mandar ningunha ficha, simplemente unha reflexión de todo o que aconteceu neste periodo de tempo que tivemos que vivir.
Así que, pídovos que me mandedes o que vós consideredes para explicar todo o que sentistes, como o vivistes, que temores pasaron pola vosa cabeciña ou pola contra se vos sentistes protexidos e libres de todo medo.
Pode ser en forma de debuxo, nun documento escrito, a combinación das dúas cousas, un cómic, unha presentación con imaxes, que poden ser alusivas ao que sentistes ou incluso podedes comentalas para a súa explicación,...
Como vedes o formato non é o que importa, senón a reflexión que, a día de hoxe, fagamos de todo o que sentimos neste periodo.
Espero con ansia todos eses traballiños que estou segura, van ir chegando. Como sempre o correo: fotoretacos@gmail.com
Eses de sexto que aínda teñen débedas pendientes, última semana!!
Bueno, a última hora ocorreuseme unha idea!! Como o curso foi especial, pois tamén vos mando unha ficha un tanto distinta (PINCHA NA IMAXE), encantaríame que a cubrirades e ma enviedes. Deixade voar a vosa imaxinación e sede moi sinceros. Ánimo que seguro vos queda preciosa!!
Ola de novo, xa imos costa abaixo, esto remata, algúns estaredes desexando e outros pensando xa no curso próximo, que será moi distinto, ou non!!
Os de SEXTO porfa, que me faltan eses traballiños de fin de curso, estou esperandoos.
Desta vez, vouvos facer traballar pouquiño, deixovos un enlace a un Genially moi completo que vos fará un repaso xeral por moitas cousiñas que estivemos vendo ao longo deste curso. É moi entretido, polo que podedes pasar un ratiño vendo vídeos e facendo xogos.
Estaredes dacordo comigo que agora sí que xa estamos na recta final! Xa non queda nadiña, así que para rematar imos facer un repasiño xeral do que fomos vendo ao longo deste curso.
E para despedirnos, facémolo cun vídeo da nosa terriña!
Non vos esquezades de facer o correcto e tamén de divertirse, claro! Os de sexto, tendes algo pendiente, estou agardando.
Xa sabedes onde estou, para o que precisedes!! fotoretacos@gmail.com
Pentecostés, que palabra máis rara!, estaredes pensando. Pois bueno, diremos que non é moi común no noso vocabulario do día a día, pero imos intentar explicala e xa veredes como ó final vos resulta incluso familiar por todo o que conta.
Para empezar vouvos poñer un pequeno vídeo que é moi sinxelo de entender.
Escoitade ben, porque vos mandan facer algo!!
Tamén vos deixo un vídeo-xogo de educaplay, prestade atención, que logo faravos unhas preguntiñas para ver se estivestes moi atentos.
E logo un xogo de buscar parellas dos dons do Espíritu Santo.
E para rematar aquí vos van unha ficha para poder colorear, como vos gusta tanto!! E tamén algunha máis para comprobar o ben que se vos dan as manualidades. Ánimo!!
Un recordo para algúns de sexto, que aínda estou esperando o seu traballiño ( o meu paso polo cole). Veña chic@s que é súper divertido.
Sabedes que hai diferencia entre a "Igrexa" e a "igrexa", a que está en minúscula refírese ao edificio onde se dí a misa, e en maiúscula son o conxunto dos amigos de Xesús, os cristiáns.
Tede en conta que Xesús como bo amigo que é convídanos a visitalo sempre que poidamos, na súa casiña, a igrexa. Non rexeitedes a invitación!!
Deixoche unhas fichas moi faciliñas para que te vaias familiarizando coa casa de Xesús e tamén nosa, de todolos cristiáns.
Tamén vos deixo, para os maiores, unhas fichas do que viñamos falando na clase sobre a importancia das igualdade das mulleres (Donas de si).
Deséxovos que pasedes unha boa semana.
Calquera cousiña xa sabedes onde atoparme.
Estou esperando os vosos comentarios!
Non acepto outra resposta que non sexa beeeennn!!!!
Imos seguir coñecendo algunha cousiña máis da Virxe María. Para iso, deixovos un vídeo e despois de velo, tedes unha ficha supersinxela para facer.
Aquí vos deixo unha ficha para os que xa saben contar ata máis de cen. Atréveste??
E para que non perdades o ritmo, aquí tedes un vídeo dun rap, que ten un significado moi especial. Poñede moita atención e contádeme se vós sodes capaces de seguir a cadea. Eu penso que sí.
LETRA DE LA CANCIÓN
Sin miedo ni arrepentimiento, esto vale la pena
Transformando nuestras vidas como gusanos de seda.
Llamados a ser la luz en mitad de las tinieblas.
La sal que da sabor, dando amor, siento alegría plena.
Esta felicidad es de todos, para todos los días.
Un mismo Amor, un mismo Dios, en mi melodía.
Él nos une, y ya el dolor no queda impune.
Cuando das tienes más, al odio soy inmune.
Entra en acción, empieza y no pares.
Tienes un don, demuestra lo que vales.
Ve por el mundo, sabes el rumbo.
Únete a la Cadena de Bondades. (bis)
Vivo para dar no para quedarme conmigo
y aportar a las personas que no encuentran ya su sitio.
Aportando luz dentro del mundo en este movimiento
donde muchos se preguntan cuándo tú estarás con ellos.
El amor es lo importante lo demás es pasajero.
El amor es lo primero lo demás que espere luego.
Ama y no dejes de darte que muchos te esperan
que la vida es una y todo es mucho mejor si siempre cooperas.
Entra en acción, empieza y no pares… (bis)
Hermano ponte en pie y sal ahí fuera,
sé el eslabón que le falta a esta cadena.
No más indiferencia creo en la entrega,
de hombres y mujeres con fe plena.
Estrena tu mejor sonrisa y busca la verdad,
no esperes que algo pase, da tu el paso y pasará.
Hace falta luz, mirando la cruz,
da la vida y sé candil, en la multitud.
Entra en acción, empieza y no pares… (bis)
Para rematar, deixovos un enlace á vida da Virxe María. Está moi interesante. Espero que che guste!
Damos comezo ó mes de maio, mes das flores, e mes da Virxe María.
Deixovos uns videos para que poidades aprender cousiñas sobre a nosa mamá do ceo, a mamá de Xesús e de tódolos cristiáns.
Seguro haberá cousas que vos chamen a atención, e outras que xa sabiades. Escoitade con atención e calquera dúbida, a preguntar!!!
Tamén vos deixo outro video que nos explica quenes eran os papás da Virxe María, Joaquín e Ana.
Aprenderemos moitas cousas.
Alá vai!
E para completar esta parte, e como vimos de celebrar o día da nai, deixo outro video que nos fai reflexionar un pouquiño do que cada un de nós interpreta con ese día, é só un día? ou calquera día é o día da nai?
Verdade que é importante tela presente tódolos días do ano??
Aquí tedes un enlace para que poidades facer algunha actividade relacionada coa Virxe María, algunhas son para os máis peques e outras para os maiores, pero podedes facer as que queirades. Ánimo e xa me contaredes como vos saíron!!
Pois para rematar, imos repasar en pinceladas cousiñas que estivemos aprendendo, se algo non quedou claro, aquí estou para que me preguntedes e o aclare. De acordo?
Deixovos dous enlaces para unhas fichas, son moi faciliñas, adiante!
Aquí vos deixo unhas fichas para o día da nai (o primeiro domingo do mes de maio). Lembrade que a Virxe María é tamén mamá, a mamá do noso amigo Xesús.
Ola a tod@s, xa estamos nunha nova semana, como pasa o tempo!!
Póñovos uns videos de repaso e actualización para que poidades continuar vendo cousiñas novas. Ánimo que son moi divertidos! Imos debuxar un pouquiño, atréveste?
Espero eses debuxos, non me falledes!!
E agora escoitade a explicación do significado do cirio pascual, que despois podedes facer unha manualidade.
Adiante!!
Por certo, hai nenos que me están mandando cousiñas, así que vou poñervos o correo electrónico ao que podedes mandarme os vosos traballos, ou preguntarme dúbidas, así como todo aquelo que consideredes oportuno.
fotoretacos@gmail.com
Ah! Os de sexto non vos esquezades do voso traballiño de fin de curso!!