lunes, 15 de junio de 2020

UN ATA PRONTO!!




Ola gran equipo! Como estades?
Desexo que moi ben.
Agora sí que xa estades contando os días para rematar o curso!!
Pois contade contade que cando vos deades conta xa rematou, non queda nadiña!!



Nesta última semana, non quería mandar ningunha ficha, simplemente unha reflexión de todo o que aconteceu neste periodo de tempo que tivemos que vivir.


Así que, pídovos que me mandedes o que vós consideredes para explicar todo o que sentistes, como o vivistes, que temores pasaron pola vosa cabeciña ou pola contra se vos sentistes protexidos e libres de todo medo.

Pode ser en forma de debuxo, nun documento escrito, a combinación das dúas cousas, un cómic, unha presentación con imaxes, que poden ser alusivas ao que sentistes ou incluso podedes comentalas para a súa explicación,...


Como vedes o formato non é o que importa, senón a reflexión que, a día de hoxe, fagamos de todo o que sentimos neste periodo.

Espero con ansia todos eses traballiños que estou segura, van ir chegando.
Como sempre o correo: fotoretacos@gmail.com





Eses de sexto que aínda teñen débedas pendientes, última semana!!

Bueno, a última hora ocorreuseme unha idea!!
Como o curso foi especial, pois tamén vos mando unha ficha un tanto distinta (PINCHA NA IMAXE), encantaríame que a cubrirades e ma enviedes. Deixade voar a vosa imaxinación e sede moi sinceros. Ánimo que seguro vos queda preciosa!!


PINCHA NA IMAXE


Así que, moitísimo ánimo, pensade sempre en positivo e a disfrutar desas vacacións tan merecidas que tedes tod@s!!

Unha aperta👧



lunes, 8 de junio de 2020

A SEGUIR REPASANDO!


Ola de novo, xa imos costa abaixo, esto remata, algúns estaredes desexando e outros pensando xa no curso próximo, que será moi distinto, ou non!!

Os de SEXTO porfa, que me faltan eses traballiños de fin de curso, estou esperandoos.

Desta vez, vouvos facer traballar pouquiño, deixovos un enlace a un Genially moi completo que vos fará un repaso xeral por moitas cousiñas que estivemos vendo ao longo deste curso. É moi entretido, polo que podedes pasar un ratiño vendo vídeos e facendo xogos.
Adiante!!

Pincha na imaxe

Agora tamén vos deixo unhas fichas interactivas.
Os maiores poden facer todas, os demais según vexades se sodes capaces ou non.

Pincha na imaxe

Pincha na imaxe

Pincha na imaxe

Pincha na imaxe

Pois nada chic@s, ánimo que xa non queda nada, e xa sabedes, calquera cousiña:
fotoretacos@gmail.com



lunes, 1 de junio de 2020

REPASO XUÑO


Mes de Xuño!! Por fin chegou!
Estaredes dacordo comigo que agora sí que xa estamos na recta final! Xa non queda nadiña, así que para rematar imos facer un repasiño xeral do que fomos vendo ao longo deste curso.
Preparádevos que comezamos.

A CREACIÓN
Pincha aquí para facer a túa ficha

CREBACABEZAS

ADÁN E EVA






A ARCA DE NOÉ


Pincha aquí para acceder á historia.
FICHA PEQUES

FICHA DE ATENCIÓN

COMPLETA FICHA

E para despedirnos, facémolo cun vídeo da nosa terriña!
Non vos esquezades de facer o correcto e tamén de divertirse, claro!
Os de sexto, tendes algo pendiente, estou agardando.
Xa sabedes onde estou, para o que precisedes!!
fotoretacos@gmail.com