lunes, 15 de junio de 2020

UN ATA PRONTO!!




Ola gran equipo! Como estades?
Desexo que moi ben.
Agora sí que xa estades contando os días para rematar o curso!!
Pois contade contade que cando vos deades conta xa rematou, non queda nadiña!!



Nesta última semana, non quería mandar ningunha ficha, simplemente unha reflexión de todo o que aconteceu neste periodo de tempo que tivemos que vivir.


Así que, pídovos que me mandedes o que vós consideredes para explicar todo o que sentistes, como o vivistes, que temores pasaron pola vosa cabeciña ou pola contra se vos sentistes protexidos e libres de todo medo.

Pode ser en forma de debuxo, nun documento escrito, a combinación das dúas cousas, un cómic, unha presentación con imaxes, que poden ser alusivas ao que sentistes ou incluso podedes comentalas para a súa explicación,...


Como vedes o formato non é o que importa, senón a reflexión que, a día de hoxe, fagamos de todo o que sentimos neste periodo.

Espero con ansia todos eses traballiños que estou segura, van ir chegando.
Como sempre o correo: fotoretacos@gmail.com





Eses de sexto que aínda teñen débedas pendientes, última semana!!

Bueno, a última hora ocorreuseme unha idea!!
Como o curso foi especial, pois tamén vos mando unha ficha un tanto distinta (PINCHA NA IMAXE), encantaríame que a cubrirades e ma enviedes. Deixade voar a vosa imaxinación e sede moi sinceros. Ánimo que seguro vos queda preciosa!!


PINCHA NA IMAXE


Así que, moitísimo ánimo, pensade sempre en positivo e a disfrutar desas vacacións tan merecidas que tedes tod@s!!

Unha aperta👧