Mostrando entradas con la etiqueta día da nai. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da nai. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de mayo de 2020

Mes de María


Ola chic@s, cómo estades??

Damos comezo ó mes de maio, mes das flores, e mes da Virxe María.
Deixovos uns videos para que poidades aprender cousiñas sobre a nosa mamá do ceo, a mamá de Xesús e de tódolos cristiáns.
Seguro haberá cousas que vos chamen a atención, e outras que xa sabiades. Escoitade con atención e calquera dúbida, a preguntar!!!


Tamén vos deixo outro video que nos explica quenes eran os papás da Virxe María, Joaquín e Ana.
Aprenderemos moitas cousas.
Alá vai!


E para completar esta parte, e como vimos de celebrar o día da nai, deixo outro video que nos fai reflexionar un pouquiño do que cada un de nós interpreta con ese día, é só un día? ou calquera día é o día da nai?


Verdade que é importante tela presente tódolos días do ano??

Aquí tedes un enlace para que poidades facer algunha actividade relacionada coa Virxe María, algunhas son para os máis peques e outras para os maiores, pero podedes facer as que queirades. Ánimo e xa me contaredes como vos saíron!!


lunes, 27 de abril de 2020

Repasando conceptos

REPASANDO CONCEPTOS


Chegamos ao final de abril!!
Un mes máis que pasou, e que mes!

Pois para rematar, imos repasar en pinceladas cousiñas que estivemos aprendendo, se algo non quedou claro, aquí estou para que me preguntedes e o aclare. De acordo?




Deixovos dous enlaces para unhas fichas, son moi faciliñas, adiante!






TRIDUO PASCUAL
Lembrádesvos o que significaba este termo?
Pascual, de Pascua
Triduo, de tres
...🙇
Deixovos uns pasatempo para facer memoria!



XOGOS


Fai un reconto de Xesús.
Ollo! Tes que ir clasificandoo nas distintas accións que representa. 
Vaiche levar un anaquiño, pero seguro che resulatará divertido!! 

Pois ánimo e a seguir.
🙏 

DESCARGAR 

Aquí vos deixo unhas fichas para o día da nai (o primeiro domingo do mes de maio). Lembrade que a Virxe María é tamén mamá, a mamá do noso amigo Xesús.