martes, 19 de mayo de 2020

A IGREXA

A IGREXA DE XESÚS


Esta semana imos falar sobre a Igrexa!!
Sabedes que hai diferencia entre a "Igrexa" e a "igrexa", a que está en minúscula refírese ao edificio onde se dí a misa, e en maiúscula son o conxunto dos amigos de Xesús, os cristiáns.

Tede en conta que Xesús como bo amigo que é convídanos a visitalo sempre que poidamos, na súa casiña, a igrexa. Non rexeitedes a invitación!!

Deixoche unhas fichas moi faciliñas para que te vaias familiarizando coa casa de Xesús e tamén nosa, de todolos cristiáns.









Tamén vos deixo, para os maiores, unhas fichas do que viñamos falando na clase sobre a importancia das igualdade das mulleres (Donas de si).






Deséxovos que pasedes unha boa semana.
Calquera cousiña xa sabedes onde atoparme.
Estou esperando os vosos comentarios!

fotoretacos@gmail.com